Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ascende a 1.200 o número de vítimas mortais na peregrinación á Meca

Ascende a 1.200 o número de vítimas mortais na peregrinación á Meca

Máis da metade deles eran de nacionalidade exipcia, nun ritual marcado este ano polas altas temperaturas que rozaron os 52 graos en Arabia Saudita

G24.gal 23/06/2024 22:40

A cifra de vítimas mortais no 'hach', a peregrinación anual á Meca, aumentou este domingo a máis de 1.200, máis da metade deles de nacionalidade exipcia, nun ritual marcado este ano polas altas temperaturas, que rozaron os 52 graos en Arabia Saudita. Fontes sanitarias e de seguridade elevou a 672 o número dos fieis musulmáns de nacionalidade exipcia falecidos.

A gran maioría deles viaxaron de forma "irregular". O Goberno exipcio confirmou a morte de polo menos 31 peregrinos que viaxaban na misión oficial a Arabia Saudita, pero admitiu que hai un "número elevado" de fieis mortos que accederon á cidade santa sen estar rexistrados.

Cada país vai ofrecendo datos sobre os decesos entre os peregrinos e, de acordo a un reconto realizado este domingo tras coñecer o aumento de falecidos entre os exipcios, a cifra aumentou a máis de 1.200.

Indonesia é o segundo país máis afectado con ao redor de 200 falecidos entre os peregrinos e seguido pola India que rexistrou 98 decesos, e Xordania, con 75 mortos.

Con todo, a gran maioría dos países que informaron de vítimas mortais na peregrinación non indican cales son os motivos dos falecementos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar