Publicador de contidos
Publicador de contidos

Asexar as obras non é un mito

Asexar as obras non é un mito

Ducias de homes e mulleres controlan acotío como avanzan os traballos da Intermodal da Coruña

G24.gal 05/06/2024 14:09

"Estou aquí controlando que non leven o cemento. É o que digo sempre porque todos preguntan...". "Eu todos os días paro aquí e así entretéñome". "Ti ves toda a xente que está aquí observando as obras?".

Á vista está que non é unha quimera a escena de maiores observando as obras.

"É que os xubilados non temos nada mellor que facer". "Estamos mellor aquí que de viños", "Mellor que ir ver escaparates... que xa os teño moi vistos...", "Amais aquí tamén hai entendidos".

Ovidio pode referirse a Pedro, porque cando estaba en activo traballaba na construción.

"Pasei de estar nos touros á barreira. Pero eu era un obreiro máis". "Hai que velas porque antes non se traballaba así, antes era con pico e pa".

O caso é que todas as mañás, con sol, nubes ou chuvia, decenas de homes, e tamén mulleres, danse cita na avenida da Sardiñeira para controlar e ver como avanzan as obras da Estación Intermodal. Din que poden botar horas e horas porque amais de se entreteren, aprenden.

"Aquí son todos... ben somos, enxeñeiros". "A obra agora vai a bo ritmo. E os materiais son dos bos, nótase que hai cartos". "Eu veño mirar, non a comentar".

E mentres uns pasan o tempo observando... os outros, nin se inmutan.

"Non... Eles pensarán: mira aqueles... que pallasos... e con razón, a verdade".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade