Publicador de contidos
Publicador de contidos

Asturias rebaixa o nivel de alerta pola estabilización na chegada de granulados

Asturias rebaixa o nivel de alerta pola estabilización na chegada de granulados

Manterá activo un operativo de vixilancia composto por unha vintena de efectivos

Consideran que os medios autonómicos son suficientes, polo que se retiran os estatais 

G24.gal 22/01/2024 20:59 Última actualización 22/01/2024 21:14

Asturias decide rebaixar o nivel de alerta pola presenza de granulados. O Principado baixa a nivel 1 o plan de contaminación mariña ao constatar que se estabilizou a chegada de boliñas de plástico nas súas praias. 

Consideran que os medios autonómicos son suficientes para afrontar os labores de vixilancia e recollida en todo o litoral, o cal supón a retirada dos medios estatais.

Asturias manterá activo un operativo de vixilancia composto por unha vintena de efectivos e coordinado desde o Servizo de Emerxencias do Principado de Asturias (SAIBA).

A rede de axentes ambientais continuará cos labores de vixilancia e control diarios das 65 praias consideradas prioritarias, sobre o total de 210 areais da costa asturiana.

Desde o inicio da activación do Placampa, o Goberno de Asturias está a monitorizar os ecosistemas máis vulnerables para coñecer de forma exhaustiva as posibles afeccións que poida implicar a vertedura tanto á flora como á fauna.

Os granulados recollidos polas brigadas de limpeza entréganse ao Seprona para o seu rexistro e para garantir a rastrexabilidade e cadea de custodia das mostras. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade