Ata o 30 de setembro hai que reservar para poder visitar a praia das Catedrais
Ata o 30 de setembro hai que reservar para poder visitar a praia das Catedrais
A cota está limitada a 4.812 persoas, para evitar a masificación e protexer o monumento natural
O trámite de solicitude da entrada é de balde e se hai oco pode solicitarse no propio areal
A chuvia miúda que por momentos caía na Mariña non foi un impedimento para visitar a praia das Catedrais.
Precisamente para que sexa así, ata o próximo 30 de setembro para baixar o areal hai que facer unha reserva previa na páxina web das Catedrais, un trámite que todos aceptan como necesario.
Trátase dunha paisaxe recoñecida como Monumento Natural, que sorprende polos arcos e pórticos formados pola erosión e o paso do tempo, por iso esta medida de protección.
De non ter a reserva feita tamén se pode solicitar no momento, sempre e cando non se supere a cota diaria, fixada en 4.812 visitantes e tendo en conta que para baixar ao areal só se pode facer coa marea baixa.