Atacan os coches de bateeiros de Rianxo mentres recollían mexilla en Doniños
Atacan os coches de bateeiros de Rianxo mentres recollían mexilla en Doniños
Picáronlles as rodas e envorcaron unha furgoneta
O conflito polas rochas que explotan bateeiros e percebeiros leva anos repetíndose
Os coches e remolques coas rodas picadas ou a furgoneta envorcada e cos cristais rotos foi o que atoparon varios bateeiros de Rianxo cando regresaban das rochas de recoller mexilla na zona comprendida entre Doniños e San Xurxo en Ferrol.
Trátase dunha zona onde a semente do mexillón convive co percebe polo que os bateeiros non son benvidos, malia ser área aberta para recoller mexilla.
Non son feito novos. Aseguran os bateeiros sentirse desprotexidos xa que os ataques se repiten desde hai 2 anos, sempre nesta época.
As vítimas xa denunciaron os ataques ante a Garda Civil. Os danos totais ascenden a máis de 5.000 euros.