Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ataque do lobo ás portas da casa en Vila de Cruces

Ataque do lobo ás portas da casa en Vila de Cruces

Os donos dos animais teñen medo de que o próximo ataque sexa a unha persoa

O lobo matou dúas ovellas e feriu outras dúas pasando polo curral da casa
G24.gal 30/06/2022 12:47

Un novo ataque do lobo en Vila de Cruces ten en alerta os veciños de San Tomé de Insua. Desta volta a desfeita non foi moi grande, pero o perigo é que foi a carón dunha casa no lugar de Nogueiras.

O ataque produciuse de noite. O lobo meteuse no eirado dun veciño onde tiña oito ovellas matou a primeira. As demais escaparon e perseguiu unha delas arredor da casa, pasando polo curral, diante mesmo da porta ata que conseguiu matala e comezou a comer nela.

Cren que foi o can que estaba ceibo, un mastín, o que impediu que acabara con todas. O can quedou coxo, ferido nunha perna. Un año tamén sufriu o ataque e aínda que quedou vivo o veterinario xa lles dixo que vai ser difícil que sobreviva.

"Estaban pegadiñas a casa que dormen sempre aí fóra. Matou unha feriu outras dúas. Pasou polo eirado e perseguiu outra e matouna fóra da casa. Estaba o can ceibo, un mastín e atacoulle ao can tamén. Xa hai cinco anos, había nove e matounas todas. Desta volta debeu ser o can que lle atacou, pero quedan para outra vez", di Jesús Vázquez, dono dos animais mortos.

Esta é a primeira vez que ataca preto das casas. Nos últimos meses houbo na contorna outros ataques a ovellas. No lugar hai vairas explotacións gandeiras pero de momento non entraron nelas. O medo que teñen agora é que ataque a unha persoa.

"Non debe ter que comer polo monte e acércase xa polas casas. A min preocúpame por meus pais que andan pouco e están sempre fóra".

Aseguran que non saben que facer. Dixéronlles que lles ían pagar as ovellas e mailos gastos do veterinario, pero de momento os cartos saíron do seu peto. Din que se senten impotentes e desprotexidos despois deste terceiro ataque nos últimos meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade