Atopan case 200 plantas de marihuana na vivenda dun falecido en Negreira
Atopan case 200 plantas de marihuana na vivenda dun falecido en Negreira
O falecido non presentaba sinais de violencia, pero a Garda Civil descubriu que gardaba a plantación de droga na casa
Os axentes identificaron un colaborador, acusado dun delito contra a saúde pública
Case 200 plantas de marihuana. Era o que gardaba na casa o veciño de Negreira. A Garda Civil descubriu a plantación despois de que o home aparecese morto na vivenda o pasado luns, sen aparentes signos de violencia.
A Garda Civil realizou unha inspección do domicilio para atopar evidencias do que lle puido pasar a vítima. Foi así como atoparon unha plantación con 184 plantas de cánnabis, varias bolsas plásticas con 540 gramos en cogollos, 12 lámpadas de cultivo, 3 deshumificadores, 1 extractor, 6 ventiladores e varios programadores de corte eléctrico
A Garda Civil incauto os efectos achados e iniciou unha investigación ao obxecto de coñecer se a plantación pertencía só ao finado ou tiña colaboradores para o cultivo e distribución de substancias estupefacientes.
Os axentes identificaron o colaborador e foi posto a disposición xudicial acusado dun delito contra a saúde pública.