Atopan catro cadáveres en avanzado estado de descomposición nun domicilio de Toledo
Atopan catro cadáveres en avanzado estado de descomposición nun domicilio de Toledo
Os catro falecidos, tres homes e unha muller, foron atopados en distintas partes da vivenda en avanzado estado de descomposición
Os corpos apareceron repartidos en tres estancias da vivenda, que se aluga por cuartos
A mala combustión dunha estufa de gas butano, que estaba nunha das habitacións da vivenda onde apareceron catro cadáveres en avanzado estado de descomposición en Toledo, pode ser a causa da morte destas persoas, que de momento non puideron ser identificadas.
Os catro falecidos, tres homes e unha muller, foron atopados en distintas pezas da vivenda e, aínda que todos estaban en descomposición, un deles presentaba peor estado.
Trátase do home en cuxa habitación estaba a estufa, que cando entraron os axentes policiais á vivenda aínda estaba co interruptor de acendido accionado, aínda que xa non había chama porque se consumira o gas, segundo indicou o xefe Superior de Policía de Castela-A Mancha, Javier Pérez Castillo, nunha conferencia de prensa que ofreceu xunto á delegada do Goberno en Castela-A Mancha, Milagros Tolón.
Os corpos apareceron repartidos en tres estancias da vivenda, que se aluga por cuartos
Vivían nunha casa en pleno centro histórico de Toledo que se aluga por cuartos. Os cadáveres estaban en tres habitacións distintas da planta baixa e non había desorde aparente nin indicios de roubo ou violencia. Foi o familiar dun deles quen avisou a policía ao non ter noticias desa persoa desde o venres.
Os corpos apareceron a última hora da tarde do martes pasado e o seu levantamento prolongouse varias horas, e tamén os traballos dentro da casa para buscar información.