Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan dúas granadas de man no rexistro da propiedade de Corcubión

Atopan dúas granadas de man no rexistro da propiedade de Corcubión

Un equipo de especialistas en explosivos da Garda Civil verificará se as granadas teñen carga e se están activadas

Todo parece indicar que son armas reais e Garda Civil acordoou a zona
 

G24.gal 27/02/2023 10:42

Foi unha persoa que limpa o edificio a que atopou dúas granadas de man no rexistro da propiedade da localidade coruñesa de Corcubión, segundo confirmaron fontes da Garda Civil.  

Estaban xunto á porta principal, por fóra do recinto. Unha das granadas estaba colocada pegada a entrada. A segunda estaba nunha bolsa situada á beira. 

O achado produciuse á primeira hora da mañá e efectivos do Instituto Armado desaloxaron e acordoaron a zona do edificio. Ademais, foi mobilizado un equipo de especialistas en explosivos, que se desprazaron ata o lugar para verificar se as granadas teñen carga e se están activadas.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade