Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan falecido no río Mandeo o home desaparecido o luns en Betanzos

Atopan falecido no río Mandeo o home desaparecido o luns en Betanzos

Un veciño veu o cadáver aboiando cen metros máis arriba do lugar onde desapareceu

G24.gal 18/08/2022 12:17

O home de 69 anos ao que se buscaba desde o luns pasado en Betanzos foi atopado falecido flotando no río na mañá deste xoves.  

O seu cadáver aboiaba no Mandeo cando un veciño o viu a media mañá. Estaba a uns cen metros do punto onde se supón que desapareceu, onde atoparon a súa carteira. Río arriba, supoñen que as correntes provocadas pola marea o arrastraron ata o lugar.

Agora quedan por determinar as causas que provocaron este suceso.

A última vez que se viu o home foi nas inmediacións do porto de Betanzos o luns pasado, cando paseaba coa súa cadela. O animal quedou na beira esperando polo dono e foi aí onde se centrou a súa busca.

O martes, mergulladores do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil atoparon unha carteira deste home, que a familia identificou como súa.  

Ao longo desta semana despregouse un dispositivo de procura con membros de Protección Civil, mergulladores, drons e un helicóptero, entre outros medios. Precisamente, este xoves Protección Civil contaba cun dispositivo especial na zona pola celebración da romaría fluvial dos Caneiros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade