Atopan mortos unha muller e o seu fillo nun hotel de Valencia
Atopan mortos unha muller e o seu fillo nun hotel de Valencia
Unha das hipóteses é que a nai matou o rapaz, que tiña unha discapacidade psíquica, e despois suicidouse
Os corpos sen vida dunha muller de 54 anos e do seu fillo de 25 foron atopados á primeira hora da tarde deste venres nun hotel da cidade de Valencia. Axentes do Grupo de Homicidios da Policía Nacional investigan as causas do falecemento. A Policía mantén abertas todas as hipóteses e será a autopsia a que determine as causas das dúas mortes.
Segundo avanzou o diario Levante-EMV, parece que se trata dunha muller e do seu fillo con discapacidade psíquica, que chegaran o pasado mércores ao hotel, e unha das hipóteses é que ela provocase a morte do seu fillo e despois suicidouse.
Ambos eran de orixe colombiana e desde a súa chegada ao hotel non foran vistos. O persoal do establecemento acudiu este venres ao cuarto onde estaban aloxados tras ser alertados de que algo grave podería suceder, sempre segundo a versión do diario.