Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan na lagoa de Cospeito o cadáver dunha octoxenaria desaparecida

Atopan na lagoa de Cospeito o cadáver dunha octoxenaria desaparecida

Os bombeiros de Vilalba recuperaron o corpo da muller da auga

A Garda civil coordinou o operativo de busca

Lagoa de Cospeito Lagoa de Cospeito
G24.gal 03/06/2023 09:23 Última actualización 03/06/2023 13:51

O equipo de busca establecido para buscar unha muller desaparecida en Cospeito, na parroquia de Santa Cristina, localizou este sábado o seu corpo na lagoa de Cospeito. Tiña 86 anos, vivía soa na casa e saiu en bicicleta da vivenda.

Un aviso da Garda Civil ao 112 Galicia contra as 23:30 horas do venres activou o operativo de busca, coordinado polos axentes da Garda Civil, coa intervención de efectivos de Protección Civil de Vilalba e de Meira.

Os bombeiros de Vilaba desprazáronse á agoa para recuperar o corpo sen vida da muller.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade