Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan no río Avia o corpo de David Mitogo, desaparecido hai doce días

Atopan no río Avia o corpo de David Mitogo, desaparecido hai doce días

O Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Ribadavia localizou o cadáver no lugar da Reza

G24.gal 23/05/2023 11:11

O corpo de David García Mitogo, futbolista do Atlético Arnoia, que se atopaba en paradoiro descoñecido desde o pasado 11 deste mes, foi atopado este martes no río Avia.

A Garda Civil informou de que o cadáver foi localizado polo Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Ribadavia vinte minutos despois das dez da mañá no lugar da Reza.

Ata hoxe soamente apareceran o seu teléfono móbil e un plumífero do equipamento oficial do club ao que pertencía.

Á procura de Mitogo sumáronse nas últimas xornadas mergulladores especializados.

O home, de 32 anos, enviou antes de que se lle perdese a pista mensaxes que inquietaron tanto os seus familiares como os compañeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade