Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan o cadáver dun home nun piso de Vigo ao avisar os veciños dun cheiro forte

Atopan o cadáver dun home nun piso de Vigo ao avisar os veciños dun cheiro forte

A policía cre que se trata dunha morte natural, aínda que haberá que agardar pola autopsia

G24.gal 23/07/2024 15:54 Última actualización 23/07/2024 16:04

Os servizos de emerxencia acharon o cadáver dun home nun piso de Vigo despois de que un veciño alertase polo cheiro que se percibía no patio do edificio.

Foi minutos antes das 12.00 horas do mediodía deste martes cando un particular chamou ao 112, asegurando que había tempo que non vía o seu veciño, á vez que nas inmediacións do piso, situado na rúa Hernán Cortés, había un forte cheiro.

Por iso, deuse aviso á Policía Local, á Policía Nacional, aos Bombeiros de Vigo, aos Servizos Sanitarios Galicia-061 e a Protección Civil.

Foron os bombeiros os encargados de abrir a porta do inmoble, mentres que a Policía Nacional se fixo cargo da investigación. Unha vez dentro, os axentes acharon o corpo sen vida dun home.

Fontes da Policía Nacional aseguraron de que non se atoparon signos de violencia no corpo, o que fai pensar en que se trata dunha morte natural, aínda que está pendente a realización da autopsia para confirmalo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade