Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan o cadáver dunha muller na costa de Malpica, preto das Sisargas

Atopan o cadáver dunha muller na costa de Malpica, preto das Sisargas

O corpo estaba en avanzado estado de descomposición

G24.gal 22/12/2022 16:26

Un pesqueiro de baixura de Malpica, o Villar Blanco, rescatou mentres pescaba este xoves un cadáver que aboiaba no mar preto das illas Sisargas. 

Trátase do corpo dunha muller, en avanzado estado de descomposición. O pesqueiro deu aviso á Garda Civil e unha embarcación de Salvamento Marítimo encárgase agora de trasladar o cadáver a terra para realizarlle a autopsia, identificalo e determinar as causas da morte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos