Cargando resultados...
Atopan os cadáveres de dous nenos nunhas maletas en Nova Zelandia
Atopan os cadáveres de dous nenos nunhas maletas en Nova Zelandia
Os corpos son de cativos de 5 a 10 anos e levarían entre 3 e 4 anos alí pechados
A policía de Auckland fai as probas forenses para determinar a identidade dos restos
G24.gal
18/08/2022 17:50
Terrible achado en Nova Zelandia. Unha familia atopa restos humanos no interior de dúas maletas que mercara nunha poxa.
Os restos poderían ser de dous nenos de entre 5 e 10 anos, e os investigadores cren que os corpos poderían levar alí polo menos tres ou catro anos.
A policía trata de coñecer agora a identidade dos cativos facendo análises forenses de ADN.
Tamén buscan a causa da morte. Estes dous datos son claves para dar cos asasinos.
Aínda non se sabe se xa interrogaron o dono do almacén que organizou a poxa, pero o que teñen claro é que a familia que mercou as maletas non ten relación ningunha co crime.