Unha nena de tres anos atopa os cadáveres de seus pais en Córdoba xunto a unha escopeta
Unha nena de tres anos atopa os cadáveres de seus pais en Córdoba xunto a unha escopeta
A investigación céntrase na violencia de machista, xa que había denuncias previas e estaban incluídos no sistema VioGén
A Garda Civil está a investigar os feitos acontecidos nunha vivenda de Pozoblanco, na comarca cordobesa dos Pedroches, onde foron atoparon os cadáveres dunha muller e un home duns trinta anos xunto cunha escopeta.
Unha filla de 3 anos atopou os cadáveres dos seus pais. Presuntamente, o home matou a muller cunha carabina de aire comprimido antes de suicidarse.
A nena estaba na vivenda familiar onde se cometeu o presunto asasinato machista e ao escoitar os ruídos na casa e entrar nun dos cuartos atopou os cadáveres dos seus pais. Entón dirixiuse á casa da súa veciña, que foi a que deu a alerta á Policía Local.
Entre as 8:00 e 8:30 horas desta mañá, os axentes recibiron un aviso. Ao acudir a esa vivenda, os efectivos atoparon os cadáveres dunha muller e un home, xunto cunha escopeta, co que se abriu unha investigación para esclarecer os feitos. Os dous morreran por disparos, todo indica que da mesma arma que se atopou no lugar.
A parella estaba en proceso de divorcio e a muller pedira axuda ao centro da muller da localidade. Deixa tres fillas de entre 3 e 6 anos.
Os investigadores constataron que había denuncias previas por violencia machista e estaban incluídos no sistema VioGén, pero o caso estaba inactivo desde 2018 e xa non existían medidas de protección nin orde de afastamento en vigor.
O concello de Villanueva de Córdoba, de onde era orixinaria a muller, decretou un día de loito oficial.
Se se confirma este caso como un asasinato machista, así como o de onte en Almería, serían 34 mulleres as vítimas mortais da violencia de xénero no que vai de ano, 1.218 desde 2003.
As vítimas da violencia machista e a súa contorna poden pedir axuda en distintos recursos activos todos os días da semana e as 24 horas do día: o teléfono 016, o correo electrónico 016-online@igualdad.gob.es e a canle do WhatsApp no número 600 000 016.
Nunha situación de emerxencia pódese chamar ao 112 ou aos teléfonos de emerxencias da Policía Nacional (091) e da Garda Civil (062) e, se non é posible facer esa chamada, en caso de perigo existe tamén a opción de activar a aplicación ALERTCOPS, que envía un sinal de alerta á policía con xeolocalización.