Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan un bebé morto nunha papeleira en La Bisbal d'Empordà, en Xirona

Atopan un bebé morto nunha papeleira en La Bisbal d'Empordà, en Xirona

Un operario da limpeza advertiu as autoridades a primeira hora da mañá tras localizar o pequeno falecido

G24.gal 02/01/2024 10:39 Última actualización 02/01/2024 12:24

Un operario da limpeza atopou un bebé morto nunha papeleira en La Bisbal d'Empordà, en Xirona, ante o que os Mossos d'Esquadra abriron unha investigación para pescudar o ocorrido.

Segundo informaron a EFE fontes próximas ao caso, o traballador alertou ás 6:28 horas de que localizara un bebé sen vida no interior dunha papeleira na rúa de Germans Sitjar.

Axentes da área de Investigación Criminal de Xirona dos Mossos d'Esquadra dirixíronse ao lugar e abriron unha investigación para tentar aclarar as circunstancias deste caso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade