Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan un cadáver aforcado que levaría seis meses morto nunha casa abandonada de Tui

Atopan un cadáver aforcado que levaría seis meses morto nunha casa abandonada de Tui

O corpo estaba momificado e a autopsia revelará se era home ou muller, a idade e a orixe

G24.gal 05/09/2023 13:46

A Garda Civil investiga en Tui o macabro achado por parte dun grupo de mozos dun cadáver que de momento non se puido identificar porque estaba xa case momificado. 

Os rapaces atoparon o corpo aforcado cun cable, irrecoñecible e sen sinais de violencia. A autopsia no Instituto de Medicina Legal aclarará se é un home ou unha muller, a idade e outros datos que permitan a súa identificación. Non axuda que esta sexa unha zona de paso de xente dun e doutro lado da fronteira. 


Son as últimas vivendas antes de cruzar o Miño cara a Portugal e moitas levan anos abandonadas. A ninguén lle sorprende que un cadáver levase tanto tempo sen que alguén se decatara.

O falecido carecía de documentación, polo que as autoridades están investigando no rexistro de desaparecidos na zona nos últimos tempos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade