Atopan un corpo na praia de Barrañán que se sospeita é dun home desparecido onte na zona
Atopan un corpo na praia de Barrañán que se sospeita é dun home desparecido onte na zona
Esta mañá familiares dun home denunciaran a súa desaparición tras saír onte pescar
O corpo dun home foi localizado este venres á mañá flotando no mar fronte á praia de Barrañán, en Arteixo.
Segundo informa a Garda Civil, esta mañá a familia denunciou no cuartel da vila a desaparición dun home que onte saíra pescar. Deseguido se iniciou un operativo de busca.
Ao pouco localizouse o seu vehículo na zona de Repibelo, no mesmo concello de Arteixo. No interior do coche estaban as súas canas de pescar.
Contra as 12:20 apareceu o corpo na praia pequena de Barrañán. Foi o helicóptero do Servizo Aéreo da Garda Civil o que localizou o cadáver tras o aviso dun particular que vía o corpo flotar no mar, nunha zona de rocas.
O acceso ao cadáver non era difícil e puido ser retirado por efectivos en terra e a continuación procedeuse ao levantamento do cadáver, que está pendente de que se lle realice a autopsia e de que se certifique que é o home do que se denunciou a desaparición.