Cargando resultados...
Atopan unha gaivota con gripe aviaria en Xove
Atopan unha gaivota con gripe aviaria en Xove
Con este novo caso son xa trinta o total de focos notificados en Galicia
G24.gal
13/02/2023 21:30
Galicia suma un novo caso de gripe aviaria ao ser detectada nun exemplar de gaivota atopada morta en Morás, en Xove (Lugo).
A Consellería do Medio Rural avisou diso ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a través da Rede de Alerta Sanitaria Veterinaria, despois de que o caso fose confirmado polo Laboratorio Central de Veterinaria de Algete (Madrid).
O animal foi trasladado ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Veral para a súa análise, e eliminouse posteriormente o cadáver conforme á normativa vixente.
Con este novo caso son xa trinta o total de focos notificados en Galicia, todos en aves silvestres, desde o primeiro detectado en agosto de 2022.