Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan unha medusa xigante no porto de Muros

Atopan unha medusa xigante no porto de Muros

Os pescadores gravárona en video mentres andaban ás luras de madrugada

É un exemplar da especie 'rhizostoma pulmo', pouco común en Galicia

G24.gal 28/01/2022 14:43

Os pescadores de Muros víronse sorprendidos ante a aparición dunha medusa xigante. Gravárona en vídeo de madrugada, cando andaban ás luras, e nun primeiro momento pensaron que se trataba dunha bolsa de plástico, pero non. Era unha augamar xigante, algo que non se ve con moita frecuencia na costa galega.

Cando o vento sopra do norte, pode chegar ata o noso litoral algún exemplar de 'Rhizostoma pulmo' como o que apareceu esta semana. O realmente inusual é que aparezan nesta época do ano. É unha consecuencia deste inverno tan atípico que estamos a vivir dende o punto de vista meteorolóxico.

As medusas xigantes habitan normalmente en augas frías, ao norte do golfo de Biscaia. Nas nosas praias é máis común atopar exemplares máis pequenos doutras especies procedentes do sur, como as medusas veleiro ou as carabelas portuguesas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos