Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atrasan o comezo dos exames das oposicións ao Sergas en Silleda polas retencións na AP-53

Atrasan o comezo dos exames das oposicións ao Sergas en Silleda polas retencións na AP-53

A grande afluencia de opositores causou problemas para chegar ao recinto á hora prevista

O Sergas notificoulles por SMS aos convocados a situación para informalos e pedirlles tranquilidade

G24.gal 25/06/2023 11:09 Última actualización 25/06/2023 11:19

As probas da OPE do Sergas demoran este domingo o comezo dos exames no recinto feiral de Silleda ante as retencións no tráfico de máis dunha hora rexistradas na AP-53, como consecuencia da grande afluencia de opositores.

Os exames estaban convocados para as 10:00 horas, pero ás 11:00 horas, unha vez xa solucionado o colapso no tráfico, aínda seguían entrando ao recinto os que se ían examinar.

O Sergas envioulles un SMS aos convocados para informalos da situación e pedirlles tranquilidade. Aclaraba na mensaxe que as probas agardarían para comezar o tempo que fose preciso para darlles tempo a chegar a todos os opositores.

Este domingo a convocatoria era para 10.101 persoas para enfermaría e 149 para as prazas de inspector farmacéutico.

A xornada do sábado transcorreu con normalidade no recinto feiral de Silleda. Alcanzou unha porcentaxe de participación do 65 %, co que se examinaron 772 dos 1.189 aspirantes admitidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade