Prisión para o acusado de matar un condutor mentres fuxía da policía en Cangas
Prisión para o acusado de matar un condutor mentres fuxía da policía en Cangas
O detido, que deu positivo en alcol e drogas, tentou escapar a pé tras o accidente que se rexistrou o pasado venres
Decretado o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, para o home de 31 anos detido polo accidente de Cangas no que morreu un condutor o pasado venres, ao seren golpeado por outro vehículo.
Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, está a ser investigado por homicidio doloso, condución temeraria con desprezo pola vida dos demais, desobediencia, resistencia á autoridade, lesións e condución baixo a influencia de bebidas alcohólicas
No momento do suceso, fuxía no seu coche da policía local cando bateu de fronte contra a vítima. Tras tentar escapar a pé, deu positivo en alcol e drogas.
O falecido, un mariñeiro de 36 anos, saía de traballar tras facer a descarga na praza de abastos ás seis da mañá. O seu corpo, atrapado no vehículo, foi liberado polos bombeiros do Morrazo e recibiu atención sanitaria, pero morreu no lugar do sinistro.