Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido o autor do atropelo múltiple a ciclistas en Castellbisbal

Detido o autor do atropelo múltiple a ciclistas en Castellbisbal

Tras dez horas á fuga, o condutor foi detido polos Mossos d'Esquadra

O suceso tivo un balance de dous ciclistas mortos e tres feridos 

G24.gal 21/08/2022 12:48 Última actualización 22/08/2022 07:48

Os Mossos d'Esquadra detiveron o condutor que fuxiu despois de atropelar un grupo de oito ciclistas en Castellbisbal (Barcelona), co balance de dous mortos e tres feridos graves.

Segundo informou a policía catalá, a investigación segue aberta pero, tras dez horas á fuga, o condutor implicado no accidente mortal de dous ciclistas xa está en dependencias policiais. 

Dous ciclistas morreron e outros dous quedaron feridos de consideración tras seren atropelados por un coche que fuxiu na C-243c na localidade catalá de Castellbisbal, no Vallés Oriental, á altura da estación de tren de Martorell.

O servizo de Tráfico catalán recibiu o aviso do accidente pouco antes das once da mañá deste domingo. Un vehículo atropelou un grupo de nove ciclistas e despois fuxiu.

Ata o lugar desprazáronse cinco dotacións dos Bombeiros da Generalitat, cinco ambulancias, un helicóptero de Emerxencias Médicas e cinco patrullas dos Mossos. Protección Civil activou o programa catalán de Emerxencias e cortouse a estrada para facilitar os traballos dos servizos de Emerxencias. (Axencia EFE)

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade