Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres días de loito en Vilaboa polos dous veciños atropelados na terraza dun bar

Tres días de loito en Vilaboa polos dous veciños atropelados na terraza dun bar

O lugar do accidente este sábado
G24.gal 18/03/2023 12:26 Última actualización 18/03/2023 20:03

O concello de Vilaboa declarou tres días de loito oficial "como testemuño da dor do pobo" polo atropelo ocorrido este venres en Santa Cristina de Cobres no que morreron dous veciños da localidade.

Segundo informa un decreto da alcaldía, dende este sábado e ata o vindeiro luns 20 de marzo, ás 23:59 horas, as bandeiras de todos os edificios municipais ondearán a media hasta. Do mesmo xeito, suspéndense todas as actividades lúdicas e a campaña de ocio e lecer.

Os donos do bar no que aconteceu o accidente decidiron pechar o establecemento esta fin de semana en sinal de dó.

Os dous falecidos son Antonio, de 67 anos, e Luís, de 79, clientes habituais do local onde adoitaban botar a partida a diario. 

Este venres, mentres xogaban nunha mesa da terraza, un condutor que estaba aparcado xusto diante confundiuse de marcha e atropelounos. Os seus compañeiros de mesa quedaron feridos leves.

O equipo de atestados da Garda Civil de Trafico continuará as dilixencias o vindeiro luns. O condutor do vehículo deu negativo nas probas de alcol e drogas. Podería enfrontarse a un delito de homicidio por imprudencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade