Polémica en Burela pola escolla de atúns para un mural na capital do bonito
Polémica en Burela pola escolla de atúns para un mural na capital do bonito
O mural decorativo pintouse na remodelación dun túnel no centro de Burela
A obra representa o norte do país, segundo sinala o seu autor, o artista Martín Cal
A remodelación dun túnel no centro de Burela está dando que falar. Para mellorar o seu aspecto, realizouse un mural de cerámica con motivos mariñeiros, como barcos ou unha carta náutica.
Tamén con símbolos da vila, coma un torque ou unha baliza, que figuran no escudo deste concello mariñao. Pero a sorpresa chegou cando, en lugar de bonito, resulta que na obra está representada outra especie de túnido.
No mural figuran atúns e non bonitos, que teñen a aleta pectoral moito máis longa. De feito, o seu nome científico é Thunnus alalungus, que xa dá idea desta característica da especie que lle dá sona a Burela.
O autor do mural é o artista de Ortigueira Martín Cal, quen confirma que os peixes son atúns e asegura que non se trata dun erro. Sinala que esta obra aínda inacabada non só representa a Burela, senón o conxunto do norte do país.