Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumenta a demanda de tratamentos estéticos entre a poboación nova

Aumenta a demanda de tratamentos estéticos entre a poboación nova

Os profesionais advirten dos riscos do intrusismo profesional para a saúde do paciente

Catro de cada dez españois recorren á medician estética a partir dos 26 anos

 

G24.gal 26/11/2022 15:05 Última actualización 26/11/2022 15:16

 Con 24 anos e un título de Miss España, Iris acode de xeito regular á súa clínica médica estética para recibir un tratamento de rexuvenecemento facial con toxina botulínica.
 

Hai xente que o ve como un tabú, como algo negativo, pero é algo que fago porque me gusta.
Non considero que necesite a medicina estética, pero si me axuda a sacar partido a esas zonas que podemos mellorar.  

Teño moito paciente novo, de entre 25 e 40 anos, que veñen á nosa clínica sobre todo por prevención. O que busco na xente nova é previr, explica a doutora Alba Oróns.
 

Sexa por previr ou por verse mellor, a partir dos 26 anos, catro de cada dez españois recorren á medicina estética, segundo datos do sector.  

"Cada vez que o paciente se vaia tratar, aínda que lle pareza moi doado aplicar a tóxina botulínica, pode haber un efecto secundario adverso moi importante, e polo tanto, que estes pacientes pregunten polo rexistro sanitario e polo doutor que o vai facer", di Alba Oróns.

A doutora advirte tamén doutro risco: Querer imitar a aparencia das fotos con filtros que ofrecen as redes sociais pode xerar expectativas imposibles.

Hai que ter coidado coas expectativas dos pacientes, ás veces as expectativas son moi altas e non imos poder tratar, só se van poder tratar doutras maneiras.


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade