Publicador de contidos
Publicador de contidos

Existe o que se chama 'festa botox', onde os participantes se inxectan toxina botulínica

Existe o que se chama 'festa botox', onde os participantes se inxectan toxina botulínica

Os profesionais alertan sobre un uso indebido dos tratamentos e a banalización da medicina

G24.gal 13/06/2024 14:55

Atención a unha moda que se está estendendo en relación cos tratamentos estéticos: as festas de botox. Un grupo de xente que contrata un médico estético para lles inxecte toxina botulínica co fin de suprimir as engurras.

No desexo por mellorar a aparencia física ou parecer máis novo ou nova, hai quen non ten freo. Na medicina estética atopan con certa frecuencia clientes que nunca teñen  bastante e piden máis e máis.  No desexo por mellorar a aparencia física ou parecer máis novo ou nova, hai quen non ten freo.

Aquí entra en xogo poñerse en mans dun profesional cualificado e responsable. Pero existen imprudencias. E graves. Diego Murillo, cirurxián plástico, conta que o chamaron dende urxencias do hospital porque unha rapaza de 15 anos mercara botox a través de Aliexpress, inxectoullo súa nai e sufría un proceso inflamatorio moi grave na cara.

Pero a frivolización dos tratamentos estéticos chega ao punto de celebrar o que están a chamar festas bótox. Diego Murillo conta como o chamaron dende Suíza para asistir a unha 'festa botox' para inxectar toxina botúlica a todos os que participaban. Ao que evidentemente se negou. 

Unha banalización da medicina que preocupa, e moito, aos profesionais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade