Aumenta o consumo de produtos conxelados para abaratar a cesta da compra
Aumenta o consumo de produtos conxelados para abaratar a cesta da compra
Nove de cada dez consumidores cambiaron os seus hábitos de consumo pola inflación
Os consumidores buscan fórmulas para abaratar a cesta da compra. A escalada de prezos está variando os hábitos alimentarios dos consumidores.
"Un estudo da OCU revela que o 90 % dos consumidores víronse obrigados a cambiar os seus hábitos de consumo pola suba de prezos"
Mercamos menos produto fresco e botamos man dos conxelados, que reducen a factura final da compra.
"Eu consumo moitos produtos conxelados porque podes telos de reserva e ofrécenme garantías"
"Un 28 % de consumidores asegura que agora merca mais produto conxelado e cunha data de caducidade longa. E iso fai que se consuma menos produto fresco, especialmente carne e peixe".
Entre os produtos que máis aumentan as vendas están os pratos preparados, as patacas prefritidas e os vexetais e a carne, entre un 3 e un 6 %. O sector dos conxelados pechou o 2022 cunha facturación duns 5.000 millóns de euros, superando xa os niveis de antes da pandemia.