Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumenta o destino de interior, que valora especialmente a tranquilidade e a paisaxe

Aumenta o destino de interior, que valora especialmente a tranquilidade e a paisaxe

A Ribeira Sacra é un dos destinos máis habituais entre os que queren evitar a masificación

Supón unha oportunidade de gozar do medio e da riqueza vitícola da zona

G24.gal 24/07/2024 20:53 Última actualización 24/07/2024 21:11

A calor é abafante, pero o encanto do lugar paga a pena. A Ribeira Sacra exhibe os seus atractivos en forma de patrimonio cultural, pero tamén de paisaxe e natureza.

É o que destacan os turistas pouco antes de subir ao catamarán polo río Sil. É outra forma de apreciar a riqueza da zona.

Os viñedos en socalcos para aproveitar o máximo o sol forma parte deste territorio que desde hai uns anos vive unha explosión turística, sobre todo para os que buscan tranquilidade.

Unha situación da que se pode gozar ao longo de todo o ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar