Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumenta o tránsito de viaxeiros no aeroporto de Santiago polo peche de Peinador

Aumenta o tránsito de viaxeiros no aeroporto de Santiago polo peche de Peinador

O transporte público con desvío ao aeroporto é unha opción para trasladarse ao aeroporto de Santiago

Aumenta a ocupación do aparcadoiro do aeroporto Rosalía de Castro grazas aos usuarios que non poden viaxar desde Peinador

G24.gal 11/05/2024 17:01

Uns 80.000 pasaxeiros suma este mes o aeroporto da Lavacolla mentres se fan as obras en Peinador. En total 800 voos que se moveron para Santiago e que deixan na área de facturación novas compañías, como Air Europa ou Binter, e un elevado número de viaxeiros que tiveron que xestionar o desprazamento desde Vigo ao aeroporto compostelán: 3 autobuses ao día fan o traxecto de ida, e outros tres de volta. 

"Soubemos polo xornal que habilitaran este servizo e reservamos para vir desde a intermodal de Vigo ata aquí". 

"Tiña que optar entre O Porto e Santiago, pero ao poñer o bus lanzadeira e como teño a tarxeta de transporte da Xunta preferín vir aquí".

"Son moi poucas frecuencias. Eu saio ás 4 da tarde e non tiña outra combinación. Entón creo que nestes casos habería que ter máis".

"Temos que depender dun familiar para que nos veña buscar a Santiago, e a Vigo a nós éranos moi práctico porque estamos a dez minutos da casa".

Os que viaxan cara a Madrid ou desde alí tamén valoraron cambiar o avión polo tren para evitar o desprazamento ata Santiago. Os viaxeiros de traxectos curtos optan por deixar o coche no aparcadoiro do aeroporto, que esta fin de semana está completo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade