Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis comunidades endurecen as restricións fronte ao avance dos contaxios

Máis comunidades endurecen as restricións fronte ao avance dos contaxios

Asturias pecha o interior do ocio nocturno dende esta medianoite

Os hostaleiros de Cataluña recorren contra o toque de recollida 

G24.gal 27/12/2021 08:40

Nas últimas 24 horas as comunidades notificaron menos contaxios, debido ao efecto dos días festivos do Nadal. Así que, á espera de que hoxe se actualicen os datos, a sexta onda mantén en desacougo todo o país e aumentan as autonomías que estrean restricións.

É o caso de Asturias. Dende esta medianoite e durante un mes pecha o interior do ocio nocturno e toda a hostalería dende a unha. E por iso varios locais adiantaron as festas de fin de ano a esta fin de semana.

Navarra tamén ultima as restricións para Noitevella que van anunciar nas próximas horas e trata de acordar coas comunidades veciñas as limitacións, como horarios e ocupacións, para evitar que a xente se desprace.

En Cataluña, con toque de recollida dende o venres, o sector do ocio nocturno non se resigna e hoxe recorrerán as novas restricións ante a xustiza. 

Discrepan os expertos, que piden máis medidas ante a expansión da variante ómicron pola alta capacidade que ten de contaxio. Cren que os ingresos hospitalarios aumentarán nos próximos días. E din que as vacinas salvaron unhas 100.000 vidas en España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade