Aumentan as visitas ao Fuciño do Porco e para esta ponte festiva apenas quedan 300 pases
Aumentan as visitas ao Fuciño do Porco e para esta ponte festiva apenas quedan 300 pases
Reservar horario para achegarse a este enclave turístico é moi recomendable e é de balde
As visitas son constantes neste enclave coñecido como Fuciño do Porco, porque é a forma que lembra este saliente visto desde o mar. Recorrelo a pé tamén é unha satisfacción para quen ten a oportunidade de facelo porque no verán hai que reservar. Nesta ponte festiva apenas quedan 300 pases.
A reserva establece 45 minutos para visitar esta paraxe do concello do Vicedo, un camiño de pasarelas e escaleiras de madeira sen moita dificultade que permite gozar de cantís de gran beleza.
O Fuciño do Porco desde hai uns anos é unha visita turística moi sinalada, o mesmo que a praia das Catedrais, en Ribadeo, onde tamén hai que reservar previamente para gozar deste monumento natural. As reservas en ámbolos dous casos son gratuítas e fanse para protexer o lugar e evitar a masificación.