Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumentan ata case 850 as agresións a médicos en 2022

Aumentan ata case 850 as agresións a médicos en 2022

En Galicia rexistráronse 10 casos

Atención primaria e os PAC é onde se producen a maioria dos ataques

G24.gal 10/03/2023 16:12

As agresións a médicos van en aumento. O ano pasado superouse o récord desde que hai rexistros, con case 850 ataques físicos ou verbais, segundo o Consello Xeral de Colexios Médicos. En atención primaria e nos PAC é onde se producen boa parte das agresións.

Segundo o observatorio do Consello Xeral de Colexios Médicos, as agresións acadaron o ano pasado en España o seu máximo histórico. Rexistráronse 843 casos, case un 40 por cento máis que o ano anterior. A maior parte son ataques verbais: ameazas, insultos, coaccións.

En Galicia o ano pasado denunciáronse 10 casos de agresións a facultativos. Aínda que dende colectivo din que tan só é a punta do iceberg, xa que a maior parte non se denuncian.

Dende o colectivo demandan máis medidas de seguridade nos centros e campañas de concienciación social para pór freo as agresións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade