Aumentan os ciberataques nas pemes galegas
Aumentan os ciberataques nas pemes galegas
Moitas empresas están extremando xa a súa seguridade ante os piratas informáticos
En Viña Costeira investiron en ciberseguridade para evitar que se repitan os ataques que sufriron os seus servidores
Se de súpeto, todos os ordenadores quedan paralizados pode que vostede estea sendo vítima dun ataque informático. É un crebacabezas para as empresas e, sobre todo, para as pemes, que ven multiplicados este tipo de ataques dende o inicio da guerra en Ucraína.
Moitas teñen que volver ao papel e ao bolígrafo. Roubo de datos, paro da actividade, carpetas encriptadas..., son só algunhas das consecuencias de ter os servidores hackeados.
Os expertos aseguran que as técnicas utilizadas son cada vez máis innovadoras, sofisticadas e complexas polo que é necesario investir en seguridade se non se queren sorpresas. A adega Viña Costeira é a primeira de Galicia certificada en ciberseguridade.
Manter actualizado o sistema operativo, desconfiar de correos electrónicos e mensaxes onde aparezan direccións web que nos pidan usuario e contrasinal e evitar conectarnos a redes sen fíos públicas son consellos que poden axudarnos a previr estes ataques.