Publicador de contidos
Publicador de contidos

Avanza a investigación sobre o macroalixo do pesqueiro de Camariñas, co dono do barco en busca e captura

Avanza a investigación sobre o macroalixo do pesqueiro de Camariñas, co dono do barco en busca e captura

O tripulante detido está en prisión, tras localizar no interior 1.340 quilos de cocaína

Son vellos coñecidos da policía e teñen coñecementos de navegación

O barco Nuevo Furuno no peirao de Santa Mariña, en Camariñas
G24.gal 12/08/2023 15:02

A investigación sobre o alixo de 1.340 quilos de cocaína nun pesqueiro en Camariñas avanza baixo segredo do sumario.

A Fundación Galega contra o narcotráfico avisa da masiva entrada de cocaína por Galicia e outras zonas de España.

"A cuestión agora é determinar que había antes, quen remite o envío e quen ían recibilo. Ten que caer unha organización moitísimo máis grande, se as investigacións chegan a bo porto. Hoxe é un pesqueiro, pode ser un veleiro mañá. A cuestión é que isto é un auténtico asedio de cocaína en Galicia, e no resto de España".

Hai unha semana o Nuevo Furuno levaba a Virxe do Carme na procesión marítima de Camelle. Hoxe, co precinto policial agarda o seu destino, amarrado no Porto de Santa Mariña. O Grupo de Resposta Especial para o crime organizado da Policía Nacional avanza na investigación deste pesqueiro apresado con máis de mil quilos de cocaína en Camariñas. O propietario da embarcación segue en busca e captura.

Dende a Fundación Galega contra o Narcotráfico felicítanse da decisión do xuíz
de enviar e prisión provisional sen fianza o único detido polo momento 

"Unha das cuestións que non disuade de dedicarse ao narcotráfico é precisamente o feito noutras ocasións, non é o caso, porque está en prisión sen fianza, pero vemos como entran por unha porta e saen pola outra ás 24 horas e pagan fianzas de trinta ou corenta mil euros que tardan nada en conseguir".

Fernando Alonso reclama máis medios nesta loita contra o narcotráfico.

"Hai unha superprodución a nivel mundial, cada vez hai máis terreo dedicado ao cultivo de coca e intentan achegarse aos mercados que a consomen e Europa é un deles e Galicia é unha das principais portas de entrada. O diagnóstico é que imos seguir sufrindo esta avalancha".

As forzas de seguridade sospeitan que a droga viña noutro barco e que se transvasou ao Nuevo Furuno no corredor de Fisterra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar