Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha avaría na rede de Castela e León provoca atrasos en varios trens

Unha avaría na rede de Castela e León provoca atrasos en varios trens

Segundo explicou Adif, a situación derivou dunha posible falta de subministración por causa da empresa fornecedora

G24.gal 04/02/2024 21:03 Última actualización 04/02/2024 21:51

Unha avaría eléctrica interrompeu este domingo á tarde a circulación ferroviaria en diferentes tramos da rede de Castela e León, segundo informa o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) a través da rede social X.

En concreto, a avaría afectou os tramos entre Miamán (Ourense) e Otero de Bodas (Zamora) e entre Venta de Baños (Palencia) e León, pasadas as 17:25 horas.

Segundo explicou Adif, a situación derivou dunha posible falta de subministración por causa da empresa fornecedora.

Ás 17:40 horas tamén se produciu falta de mando e visión nos encravamentos entre Zamora e Otero de Bodas. Isto prexudicou a circulación de trens de Longa Distancia e Avant, que quedaron detidos.

Sobre as 18:30 horas, Adif dixo que a tensión se restableceu en todos os traxectos, aínda que continúa a falta de mando sobre os encravamentos de Zamora e Otero de Bodas e mantense a circulación con autorización de pase de sinais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade