Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aviso amarelo en Ourense por calor

Aviso amarelo en Ourense por calor

Xornada con temperaturas máximas que poden superar os 36 graos na zona do Miño

G24.gal 24/06/2023 16:32 Última actualización 24/06/2023 16:42

Ás doce do mediodía os termómetros xa acadaban en varios puntos da provincia de Ourense os 30 graos e para esta tarde, segundo as previsións meteorolóxicas, poden subir ata os 37 en toda a zona do Miño, unha calor intensa que uns levan mellor ca outros.

A moita xente custoulle esta noite prender no sono e é que a primeira hora da mañá en varias localidades tiñan máis de 20 graos e facía falta xa o abano.

E este verán vén de repente despois dunha primavera inestable e con moitas treboadas.

De todos é sabido que ante estas altas temperaturas hai que protexerse.

Este tempo típico de verán continuará mañá pero con algúns graos menos e en principio xa sen aviso amarelo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade