Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aviso amarelo en zonas da Coruña por choivas que poderán superar os 40 l/m2 en 12 horas

Aviso amarelo en zonas da Coruña por choivas que poderán superar os 40 l/m2 en 12 horas

A xornada arrinca cos ceos moi nubrados e chuvias no litoral atlántico localmente fortes que progresivamente se estenderán polo país

G24.gal 17/06/2024 07:55 Última actualización 17/06/2024 20:52

O oeste e suroeste da Coruña están este luns en aviso amarelo por choivas, que poderán superar os 40 litros por metro cadrado en 12 horas.

Segundo Meteogalicia, o aviso activarase ás 9:00 horas e finalizará ás 21:00. Esta será, polo tanto, unha xornada en que unha fronte moi activa deixará cuantiosas precipitacións.

Así, Galicia quedará na influencia das baixas presións situadas ao oeste, e unha fronte fría asociada a unha borrasca afectará á comunidade autónoma, especialmente na segunda metade do día.

A xornada arrincará cos ceos moi nubrados, con chuvias no litoral atlántico, localmente fortes, que progresivamente chegarán ao resto de Galicia.

As temperaturas mínimas terán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará moderado de compoñente sur, con intervalos fortes no litoral atlántico pola tarde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade