Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aviso amarelo no sur de Lugo e Ourense por baixas temperaturas, ata -7,9 en Calvos de Randín

Aviso amarelo no sur de Lugo e Ourense por baixas temperaturas, ata -7,9 en Calvos de Randín

A noite pasada foi a de máis frío deste mes de xaneiro

En Baltar acadáronse os -6,2 graos baixo cero, en arredor dos -3 negativos quedaron Xinzo, Laza ou Manzaneda

Mañá continúa o aviso amarelo por baixas presións en practicamente toda a provincia de Ourense

G24.gal 30/01/2023 13:08 Última actualización 30/01/2023 14:59

A noite pasada foi a de máis frío deste mes de xaneiro, ata -7,9 graos de mínima tiñan en Calvos de Randín ás 9 da mañá deste luns. O sur de Ourense amenceu, como leva facendo desde hai uns días, cuberta dun manto branco que non era neve, é xeada.

En Baltar acadáronse os -6,2 graos baixo cero, en arredor dos -3 negativos quedaron Xinzo, Laza ou Manzaneda

Na provincia de Lugo acadaron ata -5 baixo cero en Sarria

Na provincia de Lugo, os termómetros descenderon ata os 5 graos baixo cero en Sarria e Pedrafita do Cebreiro, que marcou -4,7 ás 7,20 horas, e Monforte (-4°).

A -4 graos estiveron na cidade de Lugo, que amencía con rúas e coches tinguidos de branco. Houbo que rascar para poder arrancalos. E os máis precavidos, saíron equipados para evitar sustos nos solos esvaradíos. Traballar na rúa,complicado.

Galicia continúa baixo a influencia das altas presións, con ceo principalmente despexado e baixas temperaturas na mesma liña que os días pasados, con vento moderado no litoral. Mañá continúa o aviso amarelo por baixas presións en practicamente toda a provincia ourensá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade