Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aviso laranxa na costa por ondas

Aviso laranxa na costa por ondas

Ondas de oito metros mar adentro

Os refachos de vento poden superar os 70 quilómetros por hora

G24.gal 10/02/2024 19:42 Última actualización 10/02/2024 19:50

En Riazor os habituais non perdoaron o baño, aínda que hoxe o mar está mellor para miralo de lonxe. A Axencia Estatal de Meteoroloxía ten en aviso laranxa todo o litoral galego por fenómenos costeiros. 

As ondas andan entre os cinco e os sete metros ao logo de toda a costa, pero nas augas da Coruña e de Lugo, a partir de Cabo Prior, poden chegar aos oito metros mar a dentro. 
É a zona en que tamén está incidindo máis o vento. Sopra cunha velocidade de 50 a 61 quilómetros por hora en xeral e mar a dentro, na costa lucense, prevese que chegue ocasionalmente aos 74 quilómetros por hora.

A AEMET prevé retirar todos os avisos nesta comunidade o domingo ao mediodía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade