Cargando resultados...
Un grupo de excursionistas avistan un oso nos Ancares
Un grupo de excursionistas avistan un oso nos Ancares
Viron o animal cando ascendían ao Corno Maldito
G24.gal
22/05/2022 20:59
Última actualización 22/05/2022 21:20
Un grupo de corenta sendeiristas que camiñaban polos Ancares viron un oso cando ascendían ao Corno Maldito. Dous deles, German e Alejandro, aseguran que xa é a segunda vez que se topan cun exemplar.
A presenza do oso en Galicia constátase dende hai anos. Óscar é veterinario e estivo catro anos no Proxecto Life Oso Courel. Agora colabora coa Asociación Galega de Custodia do territorio e traballa na Fundación Oso Pardo.
Esta organización publicou un vídeo para explicar como actuar no caso de toparse cun oso no monte. Con todo, o encontro é difícil que se produza e, como aconteceu neste caso, os animais salvaxes tenden a fuxir das persoas.