A Xunta ofrece axudas dun 50 % de desconto para mercar bicis eléctricas
A Xunta ofrece axudas dun 50 % de desconto para mercar bicis eléctricas
O prazo para solicitar estas achegas remata o 15 de novembro
Se precisan un último empurrón para apostar pola bicicleta eléctrica, saiban que mercala pode saírlles á metade de prezo. As axudas Ebici fanse cargo da outra metade, cun máximo de subvención de 500 euros que sobe ata 700 no caso de familias numerosas especiais.
As bicis que se beneficiarán da axudas son de pedaleo asistido, "ti sempre tes que facer forza, non se permiten bicicletas que só se axuden do motor", explica José Fresco, director das tendas La Fuga Cycling. "Nós mesmos axudámoste a cubrir os papeis, solicitamos a axuda a Xunta e ti só tes que pagar a diferenza", engade.
As axudas só se aplican en modelos de uso urbano, non de montaña, e teñen que solicitarse no momento da compra nalgún dos 168 establecementos adheridos ao programa.
Ademais, as persoas con mobilidade reducida teñen un 70 % de axuda na compra de bicis de man híbridas ou eléctricas para cadeira de rodas. Desde que o programa EBici se puxo en marcha, no ano 2022, máis de 4.000 galegos obtiveron o seu desconto.
Diego Calvo, conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, mostrábase satisfeito das cifras acadadas ata agora por ditas axudas e destacaba ademais que "é un medio de transporte ecolóxico" e que contan coa "colaboración do comercio local".
O prazo para solicitar estas achegas finaliza o 15 de novembro, agás que se remate antes co orzamento total, de 2,7 millóns de euros.