Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ayuso acusa a Bolaños de asistir ao acto do 2 de maio para "provocar"

Ayuso acusa a Bolaños de asistir ao acto do 2 de maio para "provocar"

A presidenta da Comunidade de Madrid insiste en que o ministro da Presidencia non estaba convidado á cerimonia institucional polo 2 de maio

Moncloa cre que se trata dunha campaña do PP para "deslexitimar" o Goberno

G24.gal 03/05/2023 14:53

A presidenta da Comunidade de Madrid avala a actuación da súa xefa de protocolo, que lle pechou o paso a Félix Bolaños cando tentaba subir á tribuna de autoridades. Segundo contou nunha entrevista na Cadena Ser, o ministro da Presidencia "en todo momento dirixiuse ao protocolo da Comunidade de Madrid dando por sentado que viña presidir o evento, e entón explicámoslle que nin sequera estaba convidado".

Isabel Díaz Ayuso acusou o ministro da Presidencia de tentar "rebentar" o acto institucional da comunidade, e que acudiu a el coa intención de "provocar".

A dirección nacional do PP avala a postura de Ayuso. Cren que Bolaños buscaba protagonismo e que se cumpriu o protocolo xa que, segundo o coordinador xeral do partido, Elías Bendodo, "o Goberno estaba representado coa ministra de Defensa".

O protagonista do choque evitou este mércores a prensa, e deixou que fose a Moncloa quen se pronunciase, tirando do decreto que regula o protocolo. Á voceira do executivo "sorpréndelle" que "unha norma do ano 1983 que nunca xerou problemas, os estea dando agora en 2023".

Segundo a portavoz do Goberno, o incidente responde a unha "campaña de ataque ao Goberno lexítimo que empezou con Casado, segue con Feijóo e Ayuso sempre no medio".

Tamén deu a súa opinión quen foi vicepresidente do Goberno. Pablo Iglesias cre que "o ministro tería que ter asumido o bochorno de dicirlle aos seus escoltas apártenme vostedes a esta señora porque estou representando ao Goberno de España". Para o exlíder de Podemos, "o PP humillou o PSOE".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade