Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bailando ao son da campá das igrexas en Lugo

Bailando ao son da campá das igrexas en Lugo

Xuntáronse catro patrimonios da humanidade: muralla, catedral, Camiño e toque manual
 

G24.gal 01/10/2023 20:09 Última actualización 01/10/2023 22:25

O pai de Lucía foi o que recolleu os son da Froilana e o das outras campás da catedral de Lugo, e tamén o toque das igrexas da Fontaneira, en Baleira, a de San Romao da Retorta, en Guntín, e a de San Vicente do Burgo, en Lugo; todas elas nalgúns dos camiños a Santiago.

No momento da interpretación da danza conflúen no adro da catedral de Lugo tres patrimonios da humanidade: a muralla, a catedral e o toque manual das campás. E aquí é onde Lucía Álvarez ofrece a súa proposta para bailar a cidade, ao ritmo que marcan os toques das campás.

Esta coreografía foi a que realizou Lucía como o traballo de fin de grao na Universidade. Ten 21 anos e leva dende que tiña tres estudando e facendo danza. Este festival, aberto ao público, axuda a dar a coñecer novos talentos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade