Publicador de contidos
Publicador de contidos

Baiona recupera a Festa da Arribada cunha ampla variedade de actividades

Baiona recupera a Festa da Arribada cunha ampla variedade de actividades

Xogos, espectáculos e a mascota "o boi Xulián" congregan centos de nenos na xornada inaugural

G24.gal 05/03/2022 16:07

Viaxar no tempo volve ser posible en Baiona. Despois da parada pola pandemia o concello pontevedrés recuperou a Festa da Arribada. 

Durante toda a fin de semana será posible ver de preto o traballo dos antigos artesáns, gozar da música e por suposto da gastronomía. Tamén hai representacións teatrais, torneos medievais ou combates de esgrima.

Todo para conmemorar o regreso de Martín Alonso Pinzón e a tripulación da danada carabela La Pinta o 1 de marzo de 1493, que deu a coñecer á poboación baionesa a primicia do descubrimento de América.


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade