Baiona reivindica o seu lugar na historia coa chuvia como protagonista da xornada
Baiona reivindica o seu lugar na historia coa chuvia como protagonista da xornada
Declarada de interese turístico internacional, trasládase ata o século XV
A pesar da choiva, nalgúns momentos intensa, a Festa da Arribada celébrase esta fin de semana en Baiona para conmemorar un fito histórico, a chegada de Martín Alonso Pinzón tras o descubrimento de América.
Esta festa, declarada de interese turístico internacional, trasládase ata o século XV cun centro histórico transformado e cunha programación repleta de actividades. Gastronomía, artesanía ou demostracións para unha cita que se prolongará durante toda a fin de semana.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, sinalou que, grazas á Arribada, "Baiona é e será por sempre o quilómetro cero dunha historia colectiva na que aínda hoxe todos somos protagonistas".
Así mesmo, o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, referiuse á chegada da Pinta como un feito que situou a localidade pontevedresa "verdadeiramente na historia con letras maiúsculas" hai 531 anos.