Publicador de contidos
Publicador de contidos

Baixan as temperaturas despois de dous días con moita calor para estarmos en febreiro

Baixan as temperaturas despois de dous días con moita calor para estarmos en febreiro

Leiro chegou ata os 27 graos, a súa segunda temperatura máxima desde que hai rexistros

G24.gal 15/02/2024 14:06

Foi pasaxeiro, porque xa volveu a choiva, pero nas últimas horas houbo en Galicia temperaturas inusuais para estarmos en febreiro. En moitos lugares as máximas roldaron os 25.

Tamén esta mañá sorprenderon a moitos os termómetros. Saír cedo da casa, foi case como facelo no verán.

Preto de 27 graos houbo onte en Leiro, a segunda temperatura máis alta dun mes de febreiro dende que hai rexistros. Pero non só alí fixo calor, en toda Galicia as temperaturas foron inusuais para o inverno. Case 25 graos en Vigo. En Ourense, 24.

Comezou o día cunha anomalía, pero coa chegada da borrasca descenden as máximas ata dez graos en puntos como o propio Leiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade