Publicador de contidos
Publicador de contidos

Balnearios e talasos rexistran as mellores ocupacións

Balnearios e talasos rexistran as mellores ocupacións

O Talasso Atlántico en Santa María de Oia está ao 100 % nos días centrais da Semana Santa

G24.gal 29/03/2024 20:21 Última actualización 29/03/2024 20:43

Nestes días chuviosos e cambiantes moitos dos que apostaron por saír fóra da casa optaron por opcións máis seguras, como as que ofrecen balneario, talaso ou spa.

É o caso do Talasso Atlántico en Santa María de Oia, preto de Baiona. Nestes días centrais da Semana Santa rexistra unha ocupación do 100 % Tamén están cheos o seu restaurante, cafetería e spa, aos que se pode ir sen estar aloxados.

Na tarde deste venres santo saíu o sol no sur e moitos gozaron do mar e do sol nas  súas terrazas. En establecementos como este a previsión de mal tempo fai que medren os seus rexistros de reservas e de ocupacións.

Os turistas que vimos son sobre todo galegos e algún portugués, a todos sorprendeu a tarde solleira de hoxe. Moitos celebraban aniversarios ou programaban vindeiras festas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade